DOCUMENTO.- Críticas á volta de 'Superpiñeiro'

Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de 'Superpiñeiro' á TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/02/2007 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia
 

Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? 

Dende a CIG lemos recentemente con estupor a súa felicitación á Dirección da TVG polo retorno á mesma de "Superpiñeiro" á fronte dun programa para maiores. Con estupor, si, porque non é que vostede felicite á TVG por lembrarse na súa "grella" dese segmento da sociedade senón que aplaude a contratación dunha persoa concreta para presentar un programa. En que se basea a súa ledicia Sr. Losada? Coñece vostede méritos para nós ignotos do Sr. Piñeiro que o fan garante de ser o "gran" por non dicir "único" profesional capaz de tratar cos nosos maiores?

Nós o único que lembramos del é o contido chocalleiro dos seus anteriores programas nos que o papel asignado ás mulleres era denigrante e de mero obxecto. Ou é que a vostede só lle preocupan os maiores e non o resto da sociedade? Perdóenos, Sr. Losada, pensabamos que ocupaba vostede un cargo público nunha Vicepresidencia da "Igualdade", na que non se recompensaba a aqueles que tiveron, activa ou pasivamente, tratos vexatorios coas mulleres. Ou é que non consideran vexatorio para o conxunto das mulleres o papel que xogaban as "azafatas" no programa "Supermartes"? É así como pensan vostedes avanzar na igualdade?

Di vostede "Nosoutros estamos aquí para lle dar á xente maior o que demanda" (sic). Que é o que demanda a xente maior, Sr.Losada? Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? Por certo, fala vostede de atender a ese sector. Sabe vostede que na Radio Galega acaba de desaparecer a programación infantil? Acaso é que á Vicepresidencia non lle preocupa a infancia, Sr. Losada? Ao cabo, os cativos e cativas non votan.

Ou se cadra, aplaude vostede porque ese programa se faga por unha produtora allea á TVG, o que contribuirá, sen dúbida, ao enriquecemento dalgúns ao tempo que precariza as condicións laborais de moitos?

O realmente estraño, Sr. Losada, é que a nosoutros nos sigan causando estupor feitos como o retorno de Superpiñeiro á TVG, tendo en conta que como dicía o propio Xosé Manuel Piñeiro, "Pero que cambio?, se o único que faltaba era eu¡". E témoslle que dar a razón. Non só na meirande parte dos "rostros visibles" da TVG, senón tamén en boa parte dos cargos internos, seguen estando os mesmos que estaban co PP e que definiron esa Televisión á que tanto se criticou dende o BNG por sectaria e groseira.

Se cadra máis que polo regreso de Superpiñeiro e os seus aplausos a ese retorno deberiamos estrañarnos polos que aínda faltan por volver. Nese sentido, Sr. Losada, deberiámonos preguntar para cando o regreso de José Luís Moreno á TVG. Se cadra pronto nos soprende vostede felicitándose publicamente polo retorno de Carmen Mella.

San Marcos, 25 de xaneiro de 2007.

Sección Sindical da CIG na CRTVG e as súas sociedades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

12 estevo das estrivadas

Apagha o candil, Marika Chuschús...

BONECAS FALEN GALEGO:...tamén falan español, nonsi? entón porque despotricades tanto??? talvez non queredes que o galego estexa na mesma posición que o castelán??? ahhh..xa sei...o galego é un "dialecto rexional" para vós.

MANDILÓNS IDEOLOXIZADOS: son "moitos" os docentes "progresistas" que consideran necesario que se establezan "criterios de uniformidade" nos centros docentes para solucionar os problemas que se derivan da "diferencia de recursos económicos" entre unhas familias e outras.

ANEXIÓN A CASTELA E LEÓN: calquer postura en contra desta posibilidade é ANTICONSTITUCIONAL, pois a CONSTI EGPAÑOLA a contempla no artigo 141. A vosa manipulaciòn ou ignorancia non vos fai recoñecer que mesmo os estatutos de Asturies e Castela-León contempla tamén esta posibilidade, ainda máis...Castela e León a ten regulado. O BNG non din que os territorios da Galiza Irredenta teñan que pertencer á Galiza Administrativa, senon que intenta regular o proceso por si se dera o caso de que algún concello queixera integrarse no noso País. Xa vedes, un proceso democrático recoñecida pola Consti. E claro, nunca leistedes ou escoitastedes nestes últimos anos a intenciòn de concellos limítrofes a Galiza que amosaron a sua intenciòn de integrarse...non ho, son cousas do Bloque, verdade????

CAMBIO DO FUSO HORARIO: Tes razón, isto non importa, pois atenta contra a Sagrada Unidade da Hora Eghpañola. Non importa que os galegos e galegas podamos aforrar enerxia...o importante é que os galegos e galegas seghamos sendo españois ainda que o noso consumo enerxético sexa maior e os nosos mozos e mozas seghan emigrando.

PROPOSTAS PRA FENE...: Última hoa!!! o PsoE recoñece que o BNG ten razón: Mª Teresa Fernandez de la Vega desminte á SEPI nega calquer tipo de acordo coa Comisión Europea.

GASTOS PUBLICITARIOS: Cando menos non se basan en realidades virtuais e polo tanto inexistentes como o facía o PP. Sobre que se gasta mais que cando Fraga, non o crés nen tí...MARIKINHA CHUSCHÚS.

GAYOSO: Sabes o contrato que lle brindou o PP a Ghaioso uns días antes de que o Bipartito tomara posesión???? infórmate.

URBANISMO???? CONSORCIOS...CHIRINGUITOS??? ANDA, menos pallas mentais.

11 Marika Chuschús

Ideas do BNG pra Galiza: que as bonecas falen galego, mandilóns ideoloxizados pras graderías, anexión territorial de Castela-León, cambio de hora galega, bailes de vellos. Propostas pra FENE que imcumpren ás directivas da SEPI, máis incendios cá nunca...Hai máis residencias pra maiores? Hai menos gasto en publicidade institucional.Volta de Gayoso da man de Quintana, de paparota en paparota, ai que sería do merendiñas aquel? Compensou votar ó BNG ou estamos mortos de vergoña pola súa falta de xestión? E no urbanismo e no caciquismo en que se diferencia do PP. Non sigue habendo consorcios e chiringuitos e non se sigue contratando ós parentes e subcontratando coas amigos e creando fundacións?
¿cantas empresas se queren ir de Galicia e se queren deslocalizar? A alguén que non sexa da órbita do BNg gustoulle a montaxe da Nova Galega de Danza?

10 Xulio I. Redondo

Non deixedes de ver os comentarios e os post sobre este tema que aparecen no www.chuza.org ou en www.blasgarcia.com:
http://blasgarcia.wordpress.com/200...
http://blasgarcia.wordpress.com/200...
http://blasgarcia.wordpress.com/200...

É sorprendente as diferentes visións que existen da fichaxe de Piñeiro

9 perlío

A min tampouco Ana, pero le o que di o secretario comarcal da CIG Ferrol, eu non sei se lle vai parecer isto mui ben ao meu irmao no desemprego en Fene. Ao meu veciño, que está amparado e blindado, quentiño, polos acordos da CIG si. E é que hai argumentos fachas envoltos en supostas palabras de esquerda, o que o fai inda máis repugnante.

"Antón Álvarez: Como avalía a CIG comarcal a proposta realizada polo estaleiro Barreras e apoiada pola Consellaría de Industria de privatizar o estaleiro de Fene?

López Pintos: A CIG aposta por un proxecto integral público para os estaleiros da ría de Ferrol. Este plano foi aprobado polos máximos órganos da CIG a nivel comarcal e nacional. Na comarca defendemos a permanencia de Astano no sector público. O proxecto integral do que falo contempla a construción, reparación e transformación de embarcacións. Os dous estaleiros da Ría están capacitados para facer isto. Cómpre dicir que na mesa de negociación da Consellaría de Industria sobre o futuro de Astano están só os representantes da Federación do Metal da CIG e non os da Unión Comarcal. Pero queda claro que, a día de hoxe, a CIG aposta pola permanencia de Fene no sector público.

Paréceme o mundo ao revés que o BNG aposte pola privatización da antiga Astano, cando sempre se apostara polo sector público. O naval é un sector estratéxico nacional. A SEPI tamén di que os acordos que ten asinados con Bruxelas impiden que en Fene se fagan barcos aínda que se privatice o estaleiro. Estase a dicir que a SEPI minte. Din que se se privatiza se poderían construír barcos. Mais este non é o problema, senón o veto político que sofre esta comarca para que o naval non erga a cabeza. Hai que combater a decisión política e premeditada que condena a Astano ao peche.

Non se pode dicir que non hai nada que facer mentres Astano sexa público, como sosteñen desde Industria, e presentar a privatización como solución. Os poderes públicos dano todo por perdido. Nós non estamos de acordo. Hai que loitar polo público e o futuro pasa por aí. Se Astano se privatiza precarizarase. Todo aquilo que no sector público non é rendíbel e no privado si é porque aquí se precariza. Vémolo nas auxiliares. Na empresa Nervión despediron 300 traballadores despois de que conseguisen o convenio. Isto é a privatización. Hai que loitar por reclamar ese 20% de construción civil para Fene, pero sempre dentro do sector público."

www.galizacig.com

Superpiñeiro, fundamental, non é?

8 Ana

A min tampouco me parece ben a volta do facha Superpiñeiro.