Ollo!.... aumentan as estafas telefónicas relacionadas coa Covid

Nos últimos días son varios os usuarios que alertaron de chamadas telefónicas vinculadas co Coronavirus que tiñan como obxectivo entrar no domicilio.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A Policía Nacional e a Garda Civil estanse facendo eco de varias estafas que contactan cas vítimas por teléfono poñendo diversas excusas co obxectivo de entrar no domicilio. As útlimas teñen que ver cunha falsa enquisa do Ministerio de Sanidade e cunha chamada que "informa" de que van a poñer a vacina na casa.

Bulo - elcorreo.com
Bulo - elcorreo.com

No caso da suporta enquisa do Ministerio de Sanidade, unha empresa asegura que están facendo unha sondaxe sobre o Coronarivus e que ían enviar un técnico á casa para saber si se estaban cumprindo as medidas. Porén, dende o Ministerio de Sanidade advirten de que isto é falso e non están enviando técnicos aos domicilios. Maldita.es confirmou que tiveron constancia de denuncias por chamadas de falsos sanitarios en Pontevedra.

Por outra banda, tamén hai que ter coidado se un suposto sanitario di que vai ir a túa casa a poñer a vacina da Covid-19 xa que este "é un intento de estafa para acceder ás vivendas de persoas que viven soas", alerta a Garda Civil.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta