Por E.P. | A CORUÑA | 07/05/2021 | Actualizada ás 18:05
O concelleiro de Turismo da Coruña, Juan Ignacio Borrego, xunto á xerente do Consorcio de Turismo, Lanzada Calatayud, presentaron este venres as xornadas gastronómicas 'Territorio Atlántico-Centenario Dona Emilia', un evento culinario que homenaxeará á escritora a partir do seu receitario.
Deste xeito, sinalou o concelleiro, o Consorcio de Turismo súmase aos actos do programa municipal polo centenario da morte da escritora, que conta con máis de 40 eventos repartidos ao longo do ano.
Vinte establecementos da cidade da Coruña realizarán entre o 12 e o 30 de maio esta segunda edición das Xornadas Territorio Atlántico que nesta ocasión cambian o seu contido para ofrecer propostas inspiradas nas receitas doces e salgadas de Pardo Bazán na súa vertente máis galega.
"Estas xornadas supoñen unha gran oportunidade para achegarnos á gastronomía de hai un século pero vista coas técnicas e produtos de hoxe en día", remarcou Borrego.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.