A Deputación de Ourense celebra o Día das Letras con 7 espectáculos de música, teatro, danza e poesía

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2021 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

A Deputación de Ourense conmemorará este ano o Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta Xela Arias, con sete espectáculos de música, teatro, danza e poesía que se celebrarán noutras tantas localidades da provincia, nunha programación incluída na Rede Provincial de Auditorios (ReaOU).

En concreto, esta delebración dará comezo este xoves, día 13, na Valenzá (Barbadás), co espectáculo titulado 'Xela Arias fala coa natureza', unha obra de carácter familiar e cun claro compoñente didáctico.

As catro citas culturais restantes celebraranse na propia xornada das Letras Galegas, o día 17. Concretamente, na casa da Cultura de Ribadavia, en Viana do Bolo ou no Carballiño. Tamén con motivo da festa das Letras Galegas, a Deputación de Ourense, a Fundación Curros Enríquez, o Concello de Celanova e o proxecto cultural e turístico Platea Lúa organizan o luns 17 unha visita guiada a Vilanova dos Infantes, que se repetirá o día 22. Baixo o título 'Unha historia para contar', o acto inclúe un percorrido teatralizado pola vila da man de dous personaxes: un artesán zapateiro e a fotógrafa Ruth Anderson.

ROMARÍA RAIGAME

Para manter vivo o espírito da Romaría Etnográfica Raigame, suspendida pola pandemia, as entidades organizadoras convocaron tres concursos nas modalidades de fotografía, investigación etnográfica e micro vídeos.

Xela Arias
Xela Arias | Fonte: RAG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta