Por Europa Press / Redacción | Vigo | 14/05/2021 | Actualizada ás 19:49
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o concerto de Sting, dentro da súa xira 'My Songs', e que estaba previsto para o verán do ano pasado, celebrarase finalmente no Auditorio de Castrelos o 6 de agosto do próximo ano 2022.
Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico explicou que, ademais de suspender a súa xira en 2020, tamén se pospuxo a de 2021, por motivos sanitarios, de maneira que a actuación quedou fixada para o verán do ano próximo, no que será "o máis importante concerto na historia do Auditorio de Castrelos".
Ademais, Caballero lembrou que o concerto será gratuíto e non haberá que pagar, salvo se quérese "reservar" un sitio na zona interior do recinto, a máis próxima ao escenario. "Pero pagar 7 euros non é pagar un concerto. Se tivésemos que cobrar entrada, seguramente serían 100 euros", apuntou.
Por outra banda, cuestionado acerca de se, neste verán de 2021, haberá concertos ao aire libre en Castrelos, o alcalde sinalou que "todo dependerá da situación sanitaria", polo que optou por "non confimar nin descartar nada".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.