A USC ofrecerá un servizo gratuíto de Atención Psicolóxica para os estudantes

A Unidade de Atención Psicolóxica da USC encádrase no marco de actuacións dirixidas a paliar os efectos da pandemia

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2021 | Actualizada ás 20:30

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela pon en marcha este martes un servizo gratuíto de atención psicolóxica ao alumnado. Ten como obxectivo axudar á comunidade estudiantil que estea a sufrir problemas psicolóxicos ou se atope nunha situación de risco que se vise incrementada pola pandemia da Covid-19. Con isto, a USC quere mostrar a súa preopación polo benestar de todos os estudantes. 

Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO
Estudantes universitarios en imaxe de arquivo. EUROPA PRESS-ARQUIVO

A Unidade de Atención Psicolóxica pon á disposición do alumnado un correo electrónico, atencionpsicoloxica@usc.es.gal, a través do cal se canalizarán as consultas, nesta primeira fase de xeito telemático. As demandas plantexadas polo alumando serán atendidas por dúas psicólgas xerais sanitarias. As sesións faranse a través de viochamadas, motivado isto pola situación sanitaria actual e para facilitar o contacto con alumnos, para que non se vexan obrigados a desprazarse, especialmente en época de exames.  

A profesora do Departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía, Ana López Durán, é a coordinadira do servizo, que depende do Responsable Covid da USC. Con esta unidade pretenden ofrecer unha ferramenta de apoio para superar os problemas psicolóxicos que se poden dar durante o período universitario, tendo en conta como a pandemia puido incrementar diferentes problemáticas. 

Dende a coordinación do servizo sinalan que se trata dun servizo moi demandado polos estudantes e que no seu primeiro día de funcionamento xa se recibiron numerosos correos solicitando información.

López Durán afirma que o obxectivo é "traballar a prol do benestar psicolóxico do alumnado da USC coa fin de ofrecerlle todos os recursos necesarios para que poida afrontar con apoio as esixencias académicas e persoais". Ademais, a profesora apunta a importancia do benestar psicolóxico dos estudantes, que se atopan "nunha etapa vital das súas vidas" na que hai moitos cambios. 

Ademais, dende este servizo tamén se organizarán talleres e actividades que axuden na aprendizaxe de estratexias axeitadas para facer fronte aos problemas manifestados pola comunidade estudiantil. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta