Supermercados máis inclusivos coa discapacidade visual

A través dunha "Guía de Atención ao Cliente con Discapacidade Visual", a distribuidora Vegalsa-Eroski promove un modelo de supermercados máis inclusivos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/05/2021 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

A distribuidora alimentaria Velgasa-Eroski, coa colaboración de ONCE presentaron unha "Guía de Atención ao Cliente Con Discapacidade Visual" que ten como obxectivo promover un modelo empresarial máis inclusivo coas persoas con discapacidade visual. 

Presentación da 'Guía de Atención ao Cliente con Discapacidade Visual'
Presentación da 'Guía de Atención ao Cliente con Discapacidade Visual' | Fonte: Fonte: Velgasa-Eroski

Esta guía pretende proporcionar aos equipos técnicos as pautas xerais para ofertar unha atención adecuada a aquelas persoas con discapacidade visual. Faino a través de pautas relacionadas coa linguaxe e os xestos comunicativos que axuden ás persoas con discapacidade visual a desprazarse con seguridade polos espablecementos, indicacións sobre como prestar apoio e acompañamento a estas persoa ou recomendacións sobre a actuación ante a presenza dun can guía. 

Ademais desta Guía, a liña de supermercados, coa colaboración de ONCE, tamén formou a responsables de tenda, xefes de persoal e outros equipos para que poidan transmitir estes coñecemento aos 3.200 traballadores en cotacto co cliente. O presidente do Consello Territorial de ONCE-Galicia, Carlos Fernández, considera que con esta guía "promoven a inclusión de persoas con discapacidade a todos os niveis, dende a promoción de empleo á atención ao cliente".

Esta iniciativa súmase a outras levadas a cabo pola distribuidora nas que apostan inserción laboral e a empleabilidade a colectivos que presentan dificultades de inserción, colaborando con entidades como Paideia ou COGAMI. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta