Médicos de Atención Primaria aconsellan AstraZeneca para completar a inmunización coa mesma vacina

Consideran "especialmente grave dificultar e entorpecer a libre e informada decisión dos cidadáns con información non baseada en evidencia científica".

Por Europa Press / Redacción | Madrid | 03/06/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

A Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria (SEMERGEN) recomenda seguir as indicacións da Axencia Europea do Medicamento (EMA, polas súas siglas en inglés) e insta os vacinados coa primeira dose de AstraZeneca que completen a inmunización coa mesma vacina.

Unha profesional sanitaria sostén un viario coa vacina de AstraZeneca
Unha profesional sanitaria sostén un viario coa vacina de AstraZeneca | Fonte: Juan Manuel Serrano Arce - Europa Press.

Así, denuncia "o negativo de todo este proceso e como as diferenzas nas recomendacións emanadas desde as autoridades danitarias causan confusión e minan a credibilidade dos profesionais sanitarios, pero é especialmente grave dificultar e entorpecer a libre e informada decisión dos cidadáns con información non baseada en evidencia científica".

Desde o Ministerio de Sanidade e Consellerías de Sanidade dalgunhas Comunidades Autónomas están recomendado, aos que recibiron unha dose da vacina de AstraZeneca que elixan para a segunda dose a de Pfizer-Biontech. Dependendo das CCAA está a seguirse diferente estratexia; así nalgunhas as autoridades aanitarias están a dificultar a libre elección dos pacientes e noutras está a recomendarse a administración da segunda dose coa mesma vacina.

Neste sentido, destacan que a poboación que puido elixir con que vacina completar o seu proceso de inmunización decantouse pola vacina de AstraZeneca en máis do 90% dos casos. E lembrou que é a opción máis adecuada tendo en conta as directrices marcadas polos organismos encargados da avaliación das solicitudes de autorización de comercialización de medicamentos - EMA e AEMPS- que basean as súas recomendacións en evidencias científicas.

"E neste sentido queremos expresar publicamente a importancia de seguir a pauta marcada pola Axencia Europea do Medicamento (EMA) que recomenda aos vacinados coa primeira dose de AstraZeneca completar a pauta de inmunización coa mesma vacina. As fichas técnicas das vacinas de Pfizer-Biontech e de AstraZeneca advirten de forma categórica que non hai evidencias de intercambiabilidade entre as diferentes vacinas fronte á Covid-19, polo que as pautas deben completarse coa mesma vacina aplicada na primeira dose", engaden.

Do mesmo xeito, continua, "ningún estudo se levou a cabo para comparar as diferenzas en efectos adversos graves, segundo se use unha ou outra vacina para completar o proceso de vacinación nos que recibiron a primeira dose de AstraZeneca".

"A opción de pór a segunda dose de Pfizer-Biontech pode ser correcta, pero non debería converterse na recomendación prioritaria nin moito menos baixo presión, como se trasluce das declaracións dalgunhas autoridades sanitarias, ao non estar avalado nin pola evidencia científica nin recollido na ficha técnica do produto", conclúen

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta