Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2021 | Actualizada ás 12:17
Un brote con 16 positivos asintomáticos en coronavirus foi detectado entre a dotación da fragata 'Almirante Juan de Borbón', con base no Arsenal de Ferrol.
Segundo apuntaron fontes da Armada a Europa Press, tras a preceptiva corentena de oito días previa á saída ao mar, o pasado 1 de xuño detectáronse 12 positivos en covid-19 nas probas PCR realizadas polo Sergas á dotación do buque militar.
Así, segundo inciden "dous deles xa pasaran a enfermidade e todos se atopan asintomáticos". No posterior rastrexo de contactos estreitos unicamente detectaron catro posibles casos, "posto que non houbo outras interaccións con persoal adicional, debido á corentena que estaban a manter".
CORENTENA
Tras este episodio sanitario, as 16 persoas afectadas atópanse illadas nos seus domicilios, cumprindo a corentena obrigatoria.
A pesar do cribado PCR realizado, como precaución adicional, decidiuse illar a toda a dotación, máis de 150 militares, durante 10 días, co obxecto de minimizar aínda máis o risco de posibles contagios.
Unha vez finalizado o illamento repetiranse as probas diagnósticas correspondentes. Desde a Armada incídese que "todas as medidas adoptadas leváronse a cabo en estreita coordinación co Sergas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.