Feijóo inaugura coa raíña a exposición sobre Pardo Bazán na Biblioteca Nacional

Así o trasladou, nos seus perfís de redes sociais, despois de acompañar á súa Maxestade a raíña Letizia na inauguración dunha exposición sobre a figura de Pardo Bazán na Biblioteca Nacional.

Por E.P. | MADRID | 08/06/2021 | Actualizada ás 20:01

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este martes a "modernidade" de Emilia Pardo Bazán, a quen situou como "decisiva na renovación das esferas cultural e social da súa época".

Así o trasladou, nos seus perfís de redes sociais, despois de acompañar á súa Maxestade a raíña Letizia na inauguración dunha exposición sobre a figura de Pardo Bazán na Biblioteca Nacional.

"Moderna e transgresora, conseguiu que, 100 anos despois da súa morte, o seu legado siga vivo. A Biblioteca Nacional acolle xa a gran exposición que, xuntos, organizamos na súa honra", recolle o presidente galego no seu perfil de Twitter.

Feijóo e a raíña Letizia inauguran a exposición sobre Pardo Bazán en Madrid.. XUNTA
Feijóo e a raíña Letizia inauguran a exposición sobre Pardo Bazán en Madrid.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta