Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 09:30
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social (Agareso) organizan o curso online "Comunicación social para combater o discurso de odio". O vindeiro 30 de xuño é a data elixida para a súa celebración, a cal se poderá acceder a través da plataforma de formación online do CPXG. O curso é gratuíto para os colexiados.
Este curso ten como obxectivo analizar determindas linguaxes que temos interiorizas coas que podemos transmitir odio. Observaranse traballos xornalísticos e enumeraranse algunahas técnicas para combatelo e propoñer narrativas alternativas.
A charla estará impartida por Uxía Pérez Fieiras e Verónica Couto Tasende, ambas as dúas xornalistas e técnicas de educación social de Agareso. O curso conta cun número limitado de prazas, polo que para incribirse é necesario enviar un correo a xornalistas@xornalistas.gal antes do 25 de xuño.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.