Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/06/2021 | Actualizada ás 20:14
O lume declarado no concello de Dodro (A Coruña), parroquia de Laíño, quedou extinguido tras queimar 0,13 hectáreas, segundo estimacións provisionais.
Segundo informa a Consellería do Medio Rural, o lume quedou apagado ás 19,44 horas. O incendio declarouse ás 18,19 horas. Traballaron unha motobomba, unha brigada e un axente.
Pola súa banda, un lume no concello do Bolo (Ourense), parroquia homónima, iniciouse sobre as 17,00 horas e estabilizouse pasadas as 19,00 horas. Polo momento, queima 2,5 hectáreas.
Nas tarefas para a extinción deste lume participan: dous avións, un helicóptero, tres motobombas, cinco brigadas e dous axentes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.