O banco-protesta dun ancián da Estrada que dá a volta ao mundo

Manuel Souto construíu un banco para a súa muller e deixouno en plena rúa para denunciar a inacción do seu concello. Agora, o seu xesto vén de dar a volta ao mundo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Media hora lle levou ao veciño da Estrada Manuel Souto, de 82 anos, construír un banco para a súa muller e deixalo nunha rúa do Concello da Estrada. A carpintería 'caseira' de Souto foi tamén un acto de protesta contra o consistorio pontevedrés, ao que acusa de pasividade por non ter levado a cabo eles mesmos esta obra que Souto demanda para que a súa muller, enferma de artrose, poida descansar.

Banco de Manuel Souto na Estrada - Twitter @MatiaFundazioa
Banco de Manuel Souto na Estrada - Twitter @MatiaFundazioa

"Non hai onde descansar a dous quilómetros á redonda", denunciou días atrás Souto a respecto dunha petición que fixo chegar ao concello hai xa máis dun ano. Agora o xesto vén de dar o salto máis alá da prensa estatal para entrar nas páxinas do prestixioso xornal The Guardian. Queda por ver se o Concello da Estrada constrúe agora o banco ou, cando menos, deixa quedar na rúa o de Manuel Souto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta