As Torres de Altamira reviven as revoltas irmandiñas

A 1º Festa Histórica de A Maía desenvolveuse en Pontemaceira e nas Torres de Altamira.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/06/2021 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Pontemaceira acolleu "Altamira brilla", a 1º Festa Histórica de A Maía, unha celebración que conmemora a batalla de Altamira. A festa está promovida pola Deputación Provincial de A Coruña e os concellos de Ames e Brión, e ten a súa primeira edición co gallo do 550 aniversario do acontecemento. 

Celebración da 1º Festa Histórica da Maía
Celebración da 1º Festa Histórica da Maía | Fonte: Concello de Ames

No 1471, no contexto das revoltas irmandiñas, o castelo foi derruido e reedificado posteriormente no 1471 e de novo asesiado polas tropas do arzobispo de Santiago. Estes feitos históricos marcarían o devir das terras da Maía e a Festa Histórica supón os primeiros pasos para a recuperación da memoria destes acontecementos. 

"Altamira brilla" ten como obxectivo non só recordar os feitos do s.XV, senón tamén que sexa unha festa "con vocación de continuidade", pois espérase que haxa vindeiras edicións máis nunmerosas e sen limitacións por mor da pandemia. Nesta primeira edición, celebrada na fin de semana, realizáronse unha ruta, unha recreación teatral e un concerto de Baiuca para conmemoran os fitos. Tamén se presentou o libro "A Batalla de Altamira", unha investigación dos feitos da man das historiadoras Mercedes Vázquez e Pilar Rodríguez e anunciouse o plan director que debuxa os plans de futuro para a fortaleza. 

O deputado provincial de Patrimonio, Xosé Luis Penas e os aldaldes de Brión, Pablo Lago, e de Ames, Blas García, apuntan que  esta celebración é "unha oportunidade para construír presente e futuro a través da historia"

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta