A Garda Civil remite ao xulgado o atestado sobre a morte do neno no encoro en Mazaricos

O rapaz apareceu afogado no interior dun pozo natural do encoro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 10:14

Comparte esta noticia

A Policía Xudicial da Garda Civil de Noia (A Coruña) remitiu ao Xulgado de Instrución Número 1 de Muros o ateigado sobre a morte afogado dun menor, alumno de primaria do CEIP Fogar de Carballo, durante unha excusión escolar.

Así o confirmaron este luns fontes próximas á investigación, tras as actuacións a semana pasada da Policía Xudicial coa toma de declaración de testemuñas, tanto escolares, profesores e traballadores da contorna do encoro da Fervenza, no municipio de Mazaricos, para esclarecer a morte do menor.

Así, tras tomar declaración o pasado mércores a menores que ían na excursión, o xoves e venres os axentes seguiron cos testemuños de traballadores da empresa de multiaventuras coa que tiñan as actividades os escolares e de profesores. Unha vez finalizadas as dilixencias de investigación e concluído o atestado co ditame da Garda Civil, foi remitido ao Xulgado de Instrución Número 1 de Muros, que leva a causa.

FEITOS

Durante a excursión dun grupo de escolares do CEIP Fogar de Carballo o pasado martes, 15 de xuño, un grupo de mozos, supostamente "con permiso para bañarse", meteuse na auga na zona do encoro da Fervenza e un deles "durante 20 minutos faltou", polo que se avisou aos servizos de emerxencias, indicaron fontes próximas á investigación consultadas por Europa Press.

Ata o lugar desprazáronse diferentes patrullas da Garda Civil, bombeiros e servizos sanitarios, que posteriormente lograron recuperar o corpo sen vida do encoro --nun pozo natural de varios metros de profundidade-- e, a pesar dos esforzos do persoal sanitario, non conseguiron reanimalo.

Encoro da Fervenza
Encoro da Fervenza | Fonte: Igrexas en Wikipedia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta