Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2021 | Actualizada ás 13:42
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que o comité clínico estudará incrementar o máximo aforamento permitido en recintos que acollan distintos tipos de actos ata "o 60% ou o 75%" na reunión que manterá este martes.
Preguntado tras participar nun acto en Vigo, o presidente galego indicou que o comité de expertos que asesora ao Goberno galego "vai revisar os aforamentos de distintas expresións sociais colectivas" no seu próximo encontro. "Probablemente imos incrementar á alza as persoas que poden convivir nun recinto, xa sexa pechado ou aberto", explicou.
Neste sentido, Feijóo lembrou que, neste momento, os aforamentos establecidos "móvense na contorna do 50%" da capacidade dos espazos. Con todo, apuntou á posibilidade de que "nalgúns lugares" poidan aumentarse ata "o 60% ou o 75%" para a celebración de determinados actos.
Neste sentido, precisou que a Dirección Xeral de Saúde Pública estuda ampliar a porcentaxe máxima de ocupación en "algúns lugares" en colaboración co comité clínico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.