Os estadios deportivos poderán volver contar con público presencial

Serán as autonomías as que decidan o aforamento.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2021 | Actualizada ás 13:59

Comparte esta noticia

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, asegurou hoxe que o público poderá volver aos estadios de fútbol e de baloncesto porque se suprime o artigo 15.2 da Lei de Nova Normalidade que o impedía. No entanto, serán as autoridades autonómicas as que determinen o aforamento dos estadios.

Así o anunciou hoxe durante a rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros extraordinario no que se acordou a retirada da máscara obrigatoria en exteriores, aínda que será necesaria cando haxa aglomeracións de xente ou non se poida gardar a distancia de seguridade.

Neste contexto, Darias sinalou con certo suspense: "se digo que se suprime o artigo 15.2 da Lei de Nova Normalidade non lles dirá moito". Acto seguido engadiu a explicación: "Pero se lles digo que este artigo ten que ver coa afluencia de público aos estadios de fútbol, da liga profesional, ou de baloncesto, da ACB, supoño que si saberán do que lles estamos falando".

Pois ben, a ministra anunciou que ao suprimir ese artigo autorízase a volta á normalidade "en canto á afluencia de público nos nosos estadios, na liga de fútbol profesional, para o comezo da liga e tamén da ACB". "Estou convencida de que vai ser unha noticia ben recibida e moi ben aceptada para todo o deporte e para este país", precisou Darias.

Iago Aspas celebra o seu gol en Riazor
Iago Aspas celebra o seu gol en Riazor | Fonte: La Liga.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta