A enquisa de La Voz: baixa en escanos o BNG e sobe Galicia en Común

Sondaxe di que o PSdeG mantería os mesmos escanos e o PP baixaría dous, mentres o BNG cedería un e Galicia en Común --prácticamente desaparecida da política galega desde hai un ano-- sacaría tres.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/06/2021 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O PP de Alberto Núñez Feijóo mantería a súa maioría absoluta no Parlamento galego con 40 escanos, dous menos que os que obtivo nas eleccións de xullo de 2020. Así, os populares continuarían gobernando a pesar de perder dous puntos porcentuais de voto, ata o 45,8%, de acordo cunha enquisa elaborada por Sondaxe e publicada este domingo por 'La Voz de Galicia'.

Mentres tanto, o mesmo estudo, elaborado a partir de 1.223 entrevistas, dá representación a Galicia en Común --coalición de Podemos, Esquerda Unida e Anova que hai un ano quedou sen asentos na Cámara-- con tres deputados e o 6,1% do voto. En concreto, obtería dous asentos por Pontevedra e un pola Coruña.

Ademais, o BNG de Ana Pontón crecería en apoios ata o 24,4% (+0,6% con respecto aos últimos comicios) e manteríase como líder da oposición, aínda que perdería un escano no Pazo do Hórreo ao obter 18. No caso do PSdeG de Gonzalo Caballero, repetiría resultado con 14 deputados, aínda que baixaría ata os 18% dos votos (-1,4%).

A enquisa de Sondaxe que publica este domingo 'La Voz de Galicia' tamén ofrece unha valoración dos principais líderes políticos galegos. O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, obtén un 5,6 sobre 10 e un grao de coñecemento por parte da poboación do 94,3%.

A líder da oposición, Ana Pontón (BNG), tamén aproba cunha nota de 5,22 e un grao de coñecemento do 83,4%. En canto a Gonzalo Caballero (PSdeG), suspende cun 4,17 aínda que o recoñecen o 85,5% dos enquisados.

Arquivo - O presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, celebra a súa vitoria nas eleccións galegas durante a noite electoral do 12J en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España) a 12 de xullo de 2020.. César Arxina - Europa Press - Arquivo
Arquivo - O presidente da Xunta e candidato á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, celebra a súa vitoria nas eleccións galegas durante a noite electoral do 12J en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España) a 12 de xullo de 2020.. César Arxina - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

4 Preto

Que Podemos ou cal sexa a súa marca blanca é historia está tan claro que ata Yolanda Díaz se censou en Madrid. Seguinte asunto.

3 Sentidiño

En Sondaxe van moi errados: Ciudadanos de Marta Rivera de la Cruz maioría absoluta.

1 nostrus

El PSOE fundado por Pablo Iglesias tardó casi treinta años en conseguir un diputado en Madrid, Ciudadanos en pocos años logró cincuenta, el BNGe lleva toda la vida dando po lo Q y no pasa de ser el eterno descontento sumido en un valle de lágrimas y acusando al pueblo gallego de débil y tonto, pero le parece un exitazo cuando no está de el último. Analizando su trayectoria, en las próximas elecciones le toca batacazo.

2 Moine

Que queres que che conte das enquisas da “Couce de Galicia”, tenhem tanto de certidume como o galo de ser ave de rapina, ambas tenhem plumas mas umha é devorada pola outra. Os servos sempre trabalham para os seus senhores, e Frijol regalou à “Couce de Galicia” toda a maquinaria de impressom do jornal, assi pois o cam ladra quando o amo lhe manda, e muitas vezes sem que lho mande para mostrar assi a sua submissom.

1 Máis fiable que Beiras

Claro claro aínda que recoñece que o BNG sobe en porcentaxe. Agora o partido que non existe sobe e o PP aguanta, era boa!