Feijóo reivindica en Portugal o rexionalismo europeo fronte "aos nacionalismos que inventan fronteiras"

O presidente galego participou no Encontro de Cooperaçao Transfronteiriça de Vila Nova de Cerveira.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/06/2021 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou este martes o espazo rexional e interrexional como o marco "máis natural, máis útil e máis próximo ao cidadán" para despregar as políticas europeas.

"Europa ten nas rexións un dos seus puntais, e as rexións teñen en Europa un punto de encontro para relacionarse e intercambiar experiencias", defendeu o presidente galego, antes de aludir aos diferentes fondos que permiten o impulso de proxectos concretos relacionados coas infraestruturas e con outros servizos públicos como a loita contra incendios.

Así o trasladou, segundo informa a Xunta nun comunicado, durante a clausura do Encontro de Cooperação Transfronteiriça, na localidade lusa de Vila Nova de Cerveira, onde estivo acompañado da ministra de Coesão Territorial, Ana Abrunhosa, e do presidente da Comissão e Desenvolvimento Rexional do Norte, António Cunha,.

Neste marco, Feijóo defendeu que Europa nace das rexións limítrofes e desenvolverase mentres unha intensa política rexional exista e se traduza en instrumentos analizados nesta reunión. Deste xeito, e "fronte aos nacionalismos que inventan fronteiras, imaxinan agravios e buscan inimigos", puxo en valor o rexionalismo europeo: "incluyente, compatible con varios sentimentos de pertenza e que quere o propio sen que iso implique rexeitar ao outro".

"Un regionalismo europeo que fai que as nosas nacións teñan un desenvolvemento harmónico e solidario", aseverou, para engadir que, desta forma, "axuda a que o gran mosaico de Europa logre unha imaxe coherente, onde non queda esquecida ningunha das súas realidades".

CAMIÑO PORTUGUÉS

O presidente da Xunta aproveitou o acto para referirse tamén ao Camiño portugués que conduce a Compostela e que ten en Vila Nova de Cerveira unha das súas etapas "máis fermosas e máis arraigadas na tradición".

"O Xacobeo volve estar presente nas nosas vidas, e faino con carácter bianual, como unha forma de acompañar o renacemento que esperamos que se produza tras a pandemia ao recuperar aos poucos a convivencia, a relación humana e a confianza no futuro", subliñou.

Así mesmo, felicitou a todos os participantes neste encontro que pon de manifesto que, "desde hai moitos séculos, portugueses e galegos creron que o futuro consistía en cooperar entre eles e deixar atrás separacións artificiais".

Por último, o titular do Executivo galego aproveitou o acto para agradecer novamente ao Goberno portugués o seu compromiso co proxecto atlántico que aspira a unir, a través do tren de alta velocidade, Portugal e Galicia; "un proxecto --dixo-- que Galicia apoia incondicionalmente".

Encontro de Cooperaçao Transfronteiriça.. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press
Encontro de Cooperaçao Transfronteiriça.. ANA VARELA/XUNTA / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta