Por E.P. | Santiago de Compostela | 06/07/2021 | Actualizada ás 15:39
A Unidade de referencia covid-19 posta en marcha polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) atendeu máis de 840 consultas técnicas e elaborou 77 documentos (guías, recomendacións preventivas e protocolos tipo por sectores) para garantir a seguridade nos centros de traballo.
Esta unidade, que acolle as áreas técnicas de Hixiene Industrial, a Medicina no Traballo e a Psicosocioloxía, foi avaliada este martes nun webinario con máis de 170 asistentes e a colaboración cos servizos de prevención alleos ASPA-ANEPA, un encontro inaugurado pola directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha.
Na súa intervención, Mancha relatou que os desafíos desta nova unidade, de carácter transitorio, estiveron relacionados co apoio ás solicitudes de prevención no traballo dos Servizos de Prevención Laboral (SPRL) das entidades públicas e privadas, ás que a Xunta recoñece o seu esforzo diario nos momentos máis difíciles da crise sanitaria.¡
O obxectivo da unidade foi o de asesorar e dar apoio en materia de prevención de riscos laborais como consecuencia da pandemia. A Xunta puxo este órgano a disposición das empresas, das persoas autónomas, das formadoras, das asociacións profesionais, os servizos de prevención laboral e das administracione públicas.
"A responsabilidade das empresas neste contexto de crise sanitaria a través das SPRL está a ser esencial para o desenvolvemento da súa actividade mediante a adaptación aos novos escenarios de prevención", indicou a directora xeral.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.