Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 17:57
Os Resentidos regresan este sábado aos escenarios coa primeira data da súa xira 'Operación Nautilus', coa que presentan o novo disco da formación. Este primeiro concerto celebrarase na praza do Curro de Portosín, ás 22,00 horas.
O concerto foi presentado este martes da man do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, o rexedor, José Luís Oujo, e Antón Reixa, cantante e fundador de Os Resentidos.
Nautilus é o nome do disco que trae de novo á actualidade, 28 anos despois, a esta formación, en homenaxe á fantasía de Jules Verne e ao seu famoso capitán Nemo.
Trátase do primeiro álbum de estudo desde 1993 coa formación integrada por Antón Reixa, Rubén Losada, Xabier Soto, Gabriel Villar, Xoaquín Seoane, Pablo Vidal e Anxo Graña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.