Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2021 | Actualizada ás 16:38
O Servizo Galego de Saúde convocou este martes, 13 de xullo, un cribado para detectar casos de Covid-19 en asintomáticos con 926 mozos participantes no municipio coruñés da Laracha e o xoves día 15 outro con 3.000 persoas de 16 a 35 anos de Ourense e Barbadás.
Segundo informou a área Sanitaria da Coruña e Cee, continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que este martes realizará un cribado poboacional mediante test PCR a veciños de entre 18 e 30 anos.
O lugar elixido para este cribado é o Centro de Saúde da Laracha, onde os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida, serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles para acudir en horario de 16,00 a 20,30 horas.
PROVINCIA DE OURENSE
Pola súa banda, a área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras convocará este xoves, 15 de xullo, a 3.000 veciños de Ourense e Barbadás con idades entre os 16 e 35 anos a un cribado con test de antíxenos.
Neste caso, as probas se levarán a cabo de 16,00 a 20,00 horas no Pavillón Deportivo Paco Paz, co fin de detectar casos positivos asintomáticos. Este cribado, indican fontes desta área, tamén estará aberto a autoinscripción.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.