Abanca, Adara Ventures e Telefónica invisten cinco millóns na startup legal Councilbox

Councilbox celebrou durante 2020 máis de 600 reunións e leva xa máis de 450 no que vai de ano con clientes como o Ministerio de Xustiza, Acciona, Codere, Sacyr, Meliá e Solaria.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 13/07/2021 | Actualizada ás 18:26

Comparte esta noticia

Adara Ventures liderou, xunto a Wayra (Telefónica) e Abanca, a serie A de cinco millóns de euros de Councilbox, a startup legal que xestiona os procesos de reunións a distancia garantindo a súa validez legal.

A empresa, fundada polos galegos Agustín Tourón e Víctor López, xestiona de forma integral os procesos de reunións telemáticas (xuntas de accionistas, asembleas, comités corporativos ou plenos de organismos públicos) garantindo a súa validez legal e tamén ofrece unha solución para que as administracións públicas poidan prestar atención ao cidadán de forma virtual e trazable, segundo un comunicado.

Councilbox celebrou durante 2020 máis de 600 reunións e leva xa máis de 450 no que vai de ano con clientes como o Ministerio de Xustiza, Acciona, Codere, Sacyr, Meliá e Solaria.

A compañía incorporou a mediados de mes como novo conselleiro delegado a Javier Polo, exdirectivo de Orange e Amena e conselleiro delegado da compañía de videoxogos na nube Playgigaa, que foi adquirida por Facebook. Polo sinalou que o principal obxectivo da firma é converterse nunha referencia en Europa para logo dar o salto a outros mercados como Estados Unidos.

"Cremos que o campo do legaltech conta cun importante potencial nestes momentos xa que a tendencia á dixitalización nos procesos e transaccións legais continúa acelerándose e o marco regulatorio é cada vez máis favorable", apuntou.

Así mesmo, a rolda de financiamento tamén se destinará a acelerar o crecemento da compañía e a reforzar os equipos técnicos que traballan no desenvolvemento dos seus produtos, a área comercial e de atención ao cliente.

O socio generte de Adara Ventures, Alberto Gómez, destacou que o sector 'legaltech' supón "unha oportunidade de negocio enorme", que cifra en 17.000 millóns de dólares anuais (14.350 millóns de euros ao cambio).

Gómez aposta porque os formatos de reunións híbridos con rastrexabilidade serán o novo estandar no mundo dos negocios. Pola súa banda, Marta Antúnez, directora de Wayra Barcelona, resaltou a aposta por unha solución tecnolóxica punteira nunha área pouca dixitalizada como o legal e sinalou o potencial de ir "da man con Telefónica" para achegar a solución de Councilbox á Administración.

Oficina de Abanca
Oficina de Abanca | Fonte: Abanca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta