Se che gustan os morcegos, o sábado tes unha cita no Sobreiral do Arnego

Proxecto Ríos organiza este encontro que ten por obxectivo facer un seguimento dos quirópteros presentes nesta zona.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O sábado 17 de xullo celebraraso o XVII Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos, unha xornada que pretende ser un espazo de encontro para as persoas participantes neste promama de voluntariado ambiental en ríos. Desta volta organízase no Sobreiral do Arnego e xirará arredor da custodia fluvial e da conservación dos quirópteros.

Morcego - BBC
Morcego - BBC

As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Realizaranse inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos e actividades de voluntariado ambiental. Unha das principais liñas de traballo é o estudo e inventariado dos morcegos de ribeira e forestais.

A partir das 18:00 horas do sábado a acción estará centrada no seguimento dos morcegos presentes no Sobreiral do Arnego. Coa colaboración do especialista Xosé Pardavila de SOREX realizarase a revisión das caixas-refuxio instaladas na parcela de Zarra da Pena dende o ano 2018 para ver que especies as están a ocupar. Despois, logo dunha merenda-cea, realizarase a Noite dos Morcegos. Instalaranse as redes para a captura dos morcegos. No transcurso da noite realizarase tamén unha formación sobre a participación no Quiroríos, programa de seguimento e monitoraxe de morcegos acuáticos. A actividade é gratuíta e as prazas limitadas. É preciso inscribirse. As persoas participantes terán cuberta a manutención.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta