Catorce percorridos culturais completarán o Ciclo Monumenta polas catro provincias

Nesta nova edición continúase coas prácticas que identifican o ciclo, como son as visitas ao patrimonio monumental ou etnográfico, a divulgación dos elementos físicos e ambientais, así como o equilibrio entre divulgación e lecer.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/07/2021 | Actualizada ás 20:19

Comparte esta noticia

A Xunta volve organizar este ano o ciclo Monumenta, que inclúe 14 percorridos culturais polo catro provincias entre o 6 de agosto e o 12 de setembro. O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou esta nova edición, marcada por percorridos a pé nun ano con gran vinculación co Xacobeo 21-22. Haberá 31 especialistas e divulgadores que acompañarán aos participantes.

Nesta nova edición continúase coas prácticas que identifican o ciclo, como son as visitas ao patrimonio monumental ou etnográfico, a divulgación dos elementos físicos e ambientais, así como o equilibrio entre divulgación e lecer. Unha novidade deste ano será a aproximación ao Bierzo leonés cunha camiñada no Congosto do Bierzo.

Monumenta 2021 arrinca o 6 de agosto no concello coruñés de Pontedeume, con 'Vos contactos culturais nos camiños marítimos', unha ruta circular de dous quilómetros polo casco antigo. Outras localidades coruñesas incluídas na programación son Vimianzo, coa ruta 'Peregrinas a Compostela', e Ribeira, onde se percorrerá a paisaxe litoral na punta de Corrubedo.

En Lugo, haberá rutas en O Cebreiro, cun pequeno treito do Camiño Francés; no Saviñao, estará centrada nas bágoas de San Lourenzo; en Ribas de Sil, cun achegamento á minaría aurífera, e no Corgo, para coñecer os bosques sacros de Galicia. Na provincia de Ourense, haberá unha ruta arqueolóxica pola Vía da Prata en Oímbra; en San Cristovo de Cea, 'A vila do bo pan'; e Boborás, co itinerario do Camiño Miñoto Ribeiro.

En Pontevedra, os percorridos sitúanse en Ponteareas para profundar nos cultos, ritos e lendas das pedras galegas; en Cerdedo-Cotobade, coa Vía Mariana luso-galaica; e en Silleda, coa ruta desde Carboeiro a Kumano Kodo en Xapón.

O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, comparece no Parlamento galego
O secretario xeral de Cultura da Xunta, Anxo M. Lorenzo, comparece no Parlamento galego | Fonte: Xoán Crespo - Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta