As sete gandes cidades galegas realizarán test de antíxenos este sábado a quen non estea inmunizado

A Xunta habilitará espazos para a realización das probas nunha proba piloto para "aumentar a capadidade diagnóstica de Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2021 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia habilitará este sábado dispositivos móbiles en diferentes puntos das sete grandes cidades galegas onde ofrecerá a realización de tests de antíxenos á poboación que non dispoña da pauta completa de vacinación, así como a expedición do correspondente certificado co resultado desta proba.

Tal e como informou a Consellería de Sanidade nun comunicado, estes dispositivos contarán con persoal de enfermaría e funcionarán en horario de mañá de 12,00 a 14,00 horas e de 17,00 a 20,00 horas.

A Xunta realiza esta experiencia piloto coa intención de "aumentar a capacidade diagnóstica de Galicia" e quere, deste xeito, "axudar á cidadanía galega a familiarizarse con este sistema co que se verá obrigada a convivir mentres a situación epidemiolóxica non mellore e o proceso de vacinación non alcance a unha porcentaxe aínda maior da poboación".

Sanidade indicou ademais que o Goberno galego traballa cos Colexios oficiais de Farmacéuticos de Galicia "para deseñar un protocolo de validación dos autotests" que están dispoñibles sinprescripción médica nas farmacias.

"Este protocolo permitiría a validación por parte dos profesionais da farmacia da identidade da persoa diagnosticada e da correcta aplicación da proba, permitindo deste xeito certificar a autenticidade do seu resultado e que o mesmo resulte válido para permitir o acceso ás actividades que, segundo as novas medidas de restricións aprobadas, requiran dispor, entre outras opcións, dunha proba diagnóstica de infección activa (PDIA) negativa", explicou o departamento da Xunta.

LOCALIZACIÓNS

Na cidade da Coruña, o punto de realización de test de antígenos instalarase na chaira do Pavillón de Deportes de Riazor; en Lugo, na Praza Maior; en Ourense, no Xardín do Posío; en Pontevedra, na Praza de España; en Santiago, na Praza Loura; en Vigo, na chaira do Náutico; e, en Ferrol, na Praza da Constitución.

Arquivo - O test de antígenos de autodiagnóstico covid-19 distribuído pola empresa española Cinfa.. CINFA - Arquivo
Arquivo - O test de antígenos de autodiagnóstico covid-19 distribuído pola empresa española Cinfa.. CINFA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta