As especies que habitan montes submariños poden ser máis sensibles ao cambio climático

Un artigo científico comparou os factores ambientais que condicionan a composición e distribución das comunidades de peixes do noiro continental galego e o banco de Galicia, un monte submarino a 200 km da costa viguesa.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 08/08/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

As condicións do banco de Galicia, un monte submarino que se atopa a 200km ao oeste de Vigo e que forma parte da Rede Natura 2000, fan que sexa un lugar rico en biodiversidade. Un estudo levado a cabo por científicos do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) comparou as diferentes poboacións de peixes do banco galego e o seu equivalente do noiro continental, unha gran pendente do solo mariño. 

Un estudo constata a baixa contaminación do fondo mariño das Illas Atlánticas. FUNDACIÓN GLOBAL NATURE
Un estudo constata a baixa contaminación do fondo mariño das Illas Atlánticas. FUNDACIÓN GLOBAL NATURE

Os resultdos do estudo recóllense nun artigo científico publicado na revista Marine Ecology Progress Series, e nel móstrase que o illamento da costa podería facer que os ecosistemas forsen máis sensibles ás presións humanas e ao cambio climático. 

O estudo determinou que a profundidade é o principal factor ambiental que determina a presenza das cinco agrupacións ou comunidades de peixes que se observaron. Porén, atopáronse diferenzas entre as especies do monte mariño e as do noiro, a pesar de estar en profundides similares. A presenza de corais é outro dos factores diferenciales entre os dous hábitas estudados, estando presentes as especies de coral Desmophyllum pertesum e Madrapora oculata na cima do monte mariño. 

O estudo destaca a ausencia de peixes como o rapante, a pescada ou o prago na cima do banco de Galicia. Estas especies teñen en común que normalmente se asentan na plataforma continental e van colonizando o noiro segundo avanza o seu desenvolvemento. Con respecto á súa ausencia no monte oceánico, o investigador do Centro Oceánico de Santader, José Manuel González-Irusta, explica que "pode derberse á ausencia de zonas menos profundas nas inmmediacións do monte".

Porén, que estas especies non estean presentes non afecta á diversidade das comunidades de peixes rexistradas, que foron moi similadas ás observadas na plataforma continental, debido á maior presencia de especies de hábitats profundos na cima do monte. 

De confirmarense os datos observados no banco de Galicia noutros montes submarinos, isto podería significar que as comunidadees de peixes das cimas dos montes mariños están formadas por unha proporción maior de especies profundas que os seus equivalente nas plataformas ou noiros continentais, como apunta o estudo. Respecto a isto González-Irusta indica que como as especies profundas precisan augas máis frías, estas comunidades poden ser máis sensibles ás presións humanas, á pesca ou á minaría submarina. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta