Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2021 | Actualizada ás 15:19
O Goberno galego e 75 concellos impulsaron unha declaración institucional para conseguir un rural "forte e conectado" durante o encontro 'Netx Generation Galicia. Por un rural forte e conectado', que tivo lugar este sábado. As demandas centráronse en pedir ao Goberno central "equilibrio" na repartición dos fondos europeos en materia de mobilidade; unha circunstancia que choca coas novas de recortes en escolas rurais por parte da Consellería de Educación, como publicou Galicia Confidencial.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, a esta reunión asistiron a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez; a directora xeral da Administración Local, Natalia Prieto; e os delegados da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; en Lugo, Javier Arias; en Ourense, Gabriel Alén; e en Pontevedra, Luís López, ademais de representantes municipais.
Así, as peticións producíronse tras o malestar dun 98% dos municipios galegos, de acordo con cifras da Xunta, que quedan excluídos do plan europeo de recuperación por contar con menos de 50.000 habitantes.
Neste sentido, a conselleira lamentou que desde o Goberno se reserven o 78% dos recursos europeos destinados a mobilidade para actuacións propias e só se destine ás autonomías e aos municipios un 9% e un 13%, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.