Do prexuizo ao odio

O asasinato de Samuel Luiz na Coruña puxo no foco os delictos de odio e agravados polo odio, ao se amosar probábel que a homofobia fose determinante deste crime.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 01/08/2021

Comparte esta noticia
É cedo de máis para determinarmos esta cuestión, porque o caso está aínda sob o segredo da investigación. Só os Tribunais penais competentes poderán enxergalo. Mais do mesmo xeito que cómpre pedirlle acougo á opinión pública antes de anticipar veredictos de odio, tamén compre lembrarlle a moitas persoas que refugaron da existencia desta caste de agravante (entre eles o Presidente Núñez Feijoo) que existen pegadas importantes que esixen investigar esta hipótese, no canto de desbotala sen máis.
 
Os delictos de odio (chamados speech crimes ou bias crimes, é dicir delictos de discurso discriminatorio) e os delictos cualificados polo odio (é dicir as lesións, asasinatos, violacións, danos dolosos ou outros crimes executados por razóns de odio discriminatorio a un colectivo minorizado ) defínense por escoller á vítima non por ser quen é como persoa, senón polo colectivo ou minoría  a quen pertence, ou sexa por razóns de homofobia, transfobia, aporofobia, discafobia, racismo ou calquera outra circunstancia que emita a mensaxe de que, en realidade, o grupo social ou minoría á que pertence a vítima non é merecente de se integrar na sociedade ou, seica, a sociedade debería excluir ou discriminar tal grupo ou minoría, de xeito que non puidese partillar a vida social en réxime de igualdade cos demáis cidadáns e grupos sociais.
 
O Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, máxima Corte xudicial no eido dos dereitos fundamentais para os 27 Estados da Unión Europea e outros 20 que partillan canda eles o Consello de Europa, considera que o discurso do odio non pode abeirarse na liberdade de expresión por abusar claramente dos límites da mesma. E constitúe abuso da liberdade de expresión por deitar a idea de que o grupo minorizado ao que pertence a vítima do delicto de odio é prescindíbel socialmente. Segundo esta caste de discurso, os negros, os homosexuais, os ciganos, os pobres ou as persoas discapacitadas non han integrar a nosa sociedade, polo menos iguais en dereitos e visibilidade. Velaí porque o sistema xurídico democrático europeo non é neutral e si belixerante contra esta caste de  discurso.
 
Clarexar tamén que o delicto de odio contra policías, funcionarios e  Autoridades non é posíbel, por ser colectivos neutrais por Lei, non minorizados e que desfrutan da  protección penal propia de seren Autoridade, o que permite acusar polo grave delicto de atentado a quen lles agreda, desbotando o delicto de odio.  

A bandeira LGTBI durante unha manifestación centrada no colectivo trans, a 28 de xuño de 2021, en Madrid, (España). Convocada por Orgullo Crítico, a marcha ten como obxectivo mostrar o seu apoio ao colectivo trans coincidindo co Día Internacional d. A. Pérez Meca - Europa Press
A bandeira LGTBI durante unha manifestación centrada no colectivo trans, a 28 de xuño de 2021, en Madrid, (España). Convocada por Orgullo Crítico, a marcha ten como obxectivo mostrar o seu apoio ao colectivo trans coincidindo co Día Internacional d. A. Pérez Meca - Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.