O avogado dun dos detidos polo crime de Samuel: "levou o móbil pero iso non é un homicidio"

Pide a liberdade dun dos principais implicados no asasinato do mozo.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/08/2021 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

José Ramón Sierra, avogado dun dos detidos pola súa presunta implicación no crime de Samuel Luiz Muñiz, presentou este martes un escrito ante a Audiencia Provincial da Coruña no que pide a liberdade do seu defendido tras revisar o sumario da investigación, informou o propio letrado.

Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao  Xulgado de Instrución número 8 da Coruña
Un dos investigados pola morte de Samuel Luiz acode, esposado e acompañado dun axente da Policía Nacional, ao Xulgado de Instrución número 8 da Coruña | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Sierra, que tamén representa a un dos menores detidos, explica que presentou un escrito para solicitar que se deixe en liberdade ao seu defendido, de quen se sospeita que non só participou na agresión mortal senón que tamén levou o móbil da vítima.

Este avogado sostén que non se pode afirmar que Kaio golpease a ninguén". "Din que se lle mete preso porque ocultou o do móbil e polo resultado da autopsia", remarcou o avogado. As rodas de recoñecemento practicadas con el, engade, "din que non golpeou a ninguén".

"O teléfono levouno pero iso non é un homicidio", recalca o letrado, e explica que se desprendeu do dispositivo "por medo". Tamén indica, como avanzou onte a Policía nunha rolda de prensa, que o sumario apunta a que outros detidos borraron conversacións dos seus teléfonos, pero defende que o seu protexido "xamais" ocultou contido.

Finalmente, insistiu na inocencia dos seus dous patrocinados, polo que espera "que se faga xustiza", e explica que "ningunha das probas de ADN" vai achegar algo sobre ambos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta