Por E.P. | A CORUÑA | 04/08/2021 | Actualizada ás 13:21
A Xunta e o Concello da Coruña asinou este mércores dous convenios para apoiar á Orquestra Sinfónica de Galicia. Un de 2,7 millóns para funcionamento ordinario e outro de 800.000 euros para accións ligadas ao Xacobeo.
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, manifestou que era "a maior achega" que facía a Xunta ao proxecto da Orquestra Sinfónica de Galicia. Será para desenvolver accións durante o ano 2021.
Así, explicou que haberá unha programación que "se está ultimando", na que haberá concertos da Sinfónica, colaboracións con artistas contemporáneos ou accións didácticas. A programación presentarase "nun prazo moi breve", segundo anunciou Rodríguez. "Posibilitará facer presente á Sinfónica no territorio galego ligada á programación do Xacobeo", explicou tras asinar coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey, dous convenios.
DÉBEDA CO CONCELLO
O convenio asínase por 2,7 millóns, non por tres como reclamaba o Concello pola débeda que lle reclama á Xunta de Galicia desde hai tempo.
Sobre isto, Rodríguez dixo que "hai que mirar para adiante e pactar un proxecto a medio-longo prazo que permita dar unha solvencia técnica e financeira a este proxecto que está na Coruña, pero que é galego e universal".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.