Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2021 | Actualizada ás 15:35
A área sanitaria de Ourense detectou nove positivos por Covid-19 entre as máis de mil probas realizadas no marco do 'VaciCrib' deste pasado martes na capital ourensá.
Segundo informou esta área sanitaria, de entre as 1.043 mostras PCR recollidas este martes no marco do 'VaciCrib' en Ourense --no que mozos que acoden a vacinarse poden someterse a un test-- detectáronse nove positivos.
As mesmas fontes sanitarias explican que tamén haberá 'VaciCrib' voluntario en Expourense mediante proba PCR este xoves, 5 de agosto, de cuxos resultados serán informados os participantes a través de SMS ao día seguinte.
Tamén está aberta a autocita para o cribado de antíxenos para este xoves no Espazo Xove en horario de 12,00 a 14,00 horas e de 16,00 a 20,00 horas. Os interesados poden anotarse ata as 11,00 horas do mesmo día na ligazón https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx.
ÁREA DA CORUÑA
Pola súa banda, a área Sanitaria da Coruña e Cee destaca que continúa cunha "intensa actividade" de procura de casos positivos de Covid-19, polo que este xoves convoca un novo cribado no municipio de Coristanco.
En concreto, en horario de tarde (de 15,30 a 19,45 horas), terá lugar no municipio de Coristanco un cribado poboacional mediante test PCR aos veciños de entre 16 e 25 anos de idade.
As probas levarán a cabo no Centro de Saúde de Coristanco e todos os veciños deste municipio pertencentes á franxa de idade establecida, uns 260, serán citados mediante mensaxe SMS nos seus teléfonos móbiles.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.