A Xunta, aberta a acoller refuxiados de Afganistán

Asegura que non recibiu aínda peticións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/08/2021 | Actualizada ás 15:04

Comparte esta noticia

A Xunta defende a "solidariedade" de Galicia cos pobos e, neste sentido, indicou que "prestará a súa colaboración sempre que se precise dentro do ámbito das súas competencias" ante a crise de Afganistán co avance talibán.

Varias persoas repatriadas chegan á pista tras baixarse do avión A400M no que foron evacuados de Cabul (Afganistán), a 19 de agosto de 2021, en Torrejón de Ardoz, Madrid
Varias persoas repatriadas chegan á pista tras baixarse do avión A400M no que foron evacuados de Cabul (Afganistán), a 19 de agosto de 2021, en Torrejón de Ardoz, Madrid | Fonte: Alejandro Martínez Vélez - Europa Press.

Fontes da Consellería de Política Social cembraron que Galicia xa "demostrou" na última crise migratoria de Ceuta a súa "solidariedade", cando se mostrou aberta a coller a menores non acompañados. Concretamente, recibiu 20 menores, o mesmo número que a Comunidade de Madrid, e os cales foron asignados a diferentes centros do sistema autonómico de protección de menores.

A Consellería de Política Social apuntou que, en casos como o de Afganistán, coa saída masiva de poboación, a crise humanitaria "debe de ser coordinada desde o Goberno central, que debe de asumir a súa responsabilidade en materia de política exterior e control de fronteiras".

Polo de agora, sinalan as mesmas fontes, a Xunta "non recibiu ningunha comunicación" do Goberno central, aínda que segue con "atención a evolución da situación".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta