Galicia Confidencial introdúcese no campo de refuxiados de Idomeni (Grecia) a través do obxectivo do fotoxornalista galego Miguel Núñez, colaborador freelance do GC. Nesta primeira achega, dunha serie que iremos publicando, o fotógrafo móstranos a Osman, o cativo afgano de 7 anos con parálise cerebral que chegará este martes a España para ser tratado no hospital La Fe de Valencia. Núñez relátanos, coas súas imaxes e coas súas propias palabras, a crúa realidade dos refuxiados aos que Europa rexeita.