Podemos Galicia pide á Xunta que Galicia acolla refuxiados afgáns ante a "emerxencia humanitaria"

Cualifica de nefasto o papel que tivo Occidente da man de Estados Unidos.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/08/2021 | Actualizada ás 16:32

Comparte esta noticia

Podemos Galicia instou a Xunta a "dar auxilio" á poboación afgá que busque refuxio tras escapar do seu país e da ofensiva dos talibán, "unha gran cantidade de civís que deixan o seu fogar por medo, froito do recordo da brutalidade por parte do grupo fundamentalista islámico".

Talibáns en Afganistán
Talibáns en Afganistán | Fonte: Isafmedia - Wikimedia.

O secretario xeral de Podemos Galicia e deputado de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez Reino, sostén que "é o momento de tomar partido para minimizar o nefasto papel que tivo Occidente da man de Estados Unidos neste conflito". "É o momento de abrir vías seguras para todas as persoas que necesitan fuxir ante unha realidade tan difícil".

Sobre a situación en Afganistán, indica que é "a fotografía dunha absoluta emerxencia humanitaria", apunta Gómez Reino, vicepresidente na comisión de Asuntos Exteriores, que fai especial referencia ás mulleres en Afganistán.

"Temos que evitar unha crise humanitaria e unha crise migratoria sen precedentes. Entendemos que un pobo como o galego, que sempre foi solidario, que viviu a emigración que viviu e o refuxio despois dunha guerra, ten que dar exemplo".

"Pedimos a Feijóo que dea un paso adiante e diga que Galicia tamén está disposta a acoller un número importante de refuxiados e refuxiadas afgáns no momento que máis o precisan", indica Gómez Reino nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

2 Gamela

Por que Podemos non abre a boca sobre Nicaragua ? https://www.swissinfo.ch/spa/nicara...

2 Gamela

El comunicado de Podemos podría firmarlo Rosario María Murillo Zambrana ! Ni una sóla petición de sanciones ni condena expresa para la Pareja Gubernamental ! Podemos se ha vuelto muy Diplomático ultimamente, no crees ?

1 Gamela

Enviamos hai meses un Proxecto de Recuperación para Galicia pero nin Gómez Reino nin outros recolleron a proposta, mesmo devolven aos menores en tandas de quince a Marrocos, pero seica os "colaboradores afganos" son prioridade para Podemos Galicia ? https://i.gal/gam25 Non entendemos esta dobre moral podemita! Ao mellor algúns refuxiados poderían ter traballo en Galapagar ?

1 Casilda

'Enviamos' e 'entendemos' quen? A onde? E cantos sodes? Que modesto empregando o pluralis maiestaticus! Podemos traga outra vez, moi certo, e de novo protesta en Twitter, moi ridículo. Mais quen 'devolve' é o PsoEspañol de Marlaska e Sánchez co apoio de Vox. Sábelo ben. Se cadra a ti prestábache máis que colocaran aos refuxiados na Zarzuela ou en Maribén... Unha cousa é a crítica, sempre necesária, outra a manía persecutória para confundir (a marca desta casa).

2 Gamela

Casilda, confundir confunde quen reduce a "democracia" a simple número... Os proxectos non teñen que vir avalados por "grandes maiorías" de feito os proxectos que serán subvencionados cos 9.000 millóns que chegan da UE nin siquera sabemos en que consisten e quen se vai beneficiar deles... (?) Cando criticamos facémolo dende unha perspectiva racional (ou iso pretendemos) outra cousa distinta é que ao recibir a crítica cada quen a tome a título particular e se sinta atacado na súa "ridícula realidade" de comparsas deste Goberno Inconstitucional (?)

3 Casilda

Primeiro, eu falo en singular e non me amparo nun falso plural para aparentar colectivos. Segundo, nada teño a ver con este ou con outros gobernos. Terceiro, por moito que repitas a cantinela da caverna, este goberno é igual de lexítimo e de constitucional que os anteriores (outra cousa é que tome medidas inconstitucionais, como toma a Xunta, e outra máis a considerar é a ideoloxía dos membros dos tribunais que condiciona as resolucións).

4 Gamela

A Democracia é contar coas opinións da xente (non só contar xente cada 4 anos!) Cando un goberno toma medidas inconstitucionais deixa de estar lexitimado polas urnas (todos asumen os seus cargos prometendo gardar a Constitución!) // http://www.galiciaconfidencial.com/... Pero se tí cres que vivimos no mellor dos mundos posible... disfruta das vacacións !

5 Casilda

O teu ideario Gamela fai augas maiores! Sabes moi ben que determinadas resolucións do Tribunal Constitucional están motivadas pola composición do mesmo (renunciou un membro, non se renovan cargos polo boicot dun partido que pretende controlar, dividido e onde precisaron o voto de calidade da presidencia). Deberías preocuparte como indicador dunha fraca democracia, con xustiza politizada, dependente ou parcial! Pois mira, resulta que TODOS os partidos apoiaron de entrada esas medidas, que a alternativa da excepción sería moito más dura e imposibilitaría acordos políticos, que segundo científicos nada partidistas salvaron 450.000 vidas, que os tribunais están deixando ver a patiña con resolucións contraditorias... O ridículo é proclamar que un tribunal, por retirar uns artigos dun decreto, fai ilexítimo un goberno. A-LU-CI-NAN-TE. Entendo que os cospiranoicos, negacionistas e saboteadores estades para enredar. Polo menos intentádelo.

6 Gamela

Curioso comprobar que as resolucións do TC son "partidarias e partidistas" (será porque tódolos partidos queren nomear aos seus maxistrados para converter tamén o TC nun órgano do Partido Reinante?) Será que non chega coa Fiscalía Xeral do Estado ? Será que o TSXG carece dunha Fiscalía que defenda as Leis que obrigan á que os Plenos sexan Públicos ? Será que vivimos un mundo casi perfecto e nós aínda non nos enteramos ? Será... https://twitter.com/00Gamela/status... E disculpa, pero nin conspiranoico, nin negacionista nin saboteador de nada... simplemente un cidadán disposto a reclamar os dereitos democráticos que se nos están furtando día sí e día tamén... Amén