Por Galicia Confidencial | Idomeni (Grecia) | 09/05/2016 | Actualizada ás 16:16
Se os nenos teñen heroes, no caso de Osman son os seus pais. Os seus pais teñen superpoderes. Trouxérono en brazos ata aquí, Idomeni, desde Afganistán. E agora irá voando nunha nave ata Madrd, e logo ata Valencia, para recibir un tratamento que lle salve a vida.
Todos sabemos que os heroes teñen amigos de carne e óso, e en Idomeni deron con eles os voluntarios estudantes, enfermeiras, traballadores en paro, psicólogos, mecánicos, comadroas, xubilados, médicos, bombeiros... Xente valiosa que achega coñecemento e traballo, que reparten agarimo, que regalan o seu tempo e consideran que o ben mais valioso, o tempo, é dos outros. E piden días nos seus traballos, desprazan as súas vacacións para montar neste páramo un lugar onde repartir cueiros e leite en po, medicamentos e roupa, tendas de campaña, mantas, etc.
A alma de Idomeni é o hospital de campaña, a tenda azul e amarela, a de Bomberos en Acción. E alí, á beira, os pais de Osman plantaron a tenda, onde están mais seguros, onde lles atenden a diario os médicos do campamento.
Os pais de Osman saben que a esperanza está aquí, e saltarán o valo montados no avión que lles traerá a Europa. Parece que é o día de Osman... e da súa familia.
En Idomeni hai outras moitas familias rotas que agardan o seu día. OPEN THE BORDER.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.