O texto saíu aprobado nunha reunión en Bruxelas coas únicas abstencións de Alemaña e Grecia, pero cunha declaración anexa de Italia e Romanía moi crítica co proceso para tramitar esta recomendación e que cuestiona a base científica para soster que os riscos pola exposición ao vapeo xustifican ampliar a estes produtos as mesmas restricións que ao tabaco tradicional. España respalda ao completo a recomendación.
  comenta   0
Ambos tentaban tomar un avión con destino a Dublín (Irlanda), utilizando pasaportes falsos, que adquiriran, para facerse pasar por cidadáns de Grecia. Eses documentos permitiríanlles moverse libremente polo espazo Schengen sen ningún tipo de restrición.
Xunto con España, Portugal, Grecia e Francia son os países anfitrións para 12 equipos de países integrantes do Mecanismo Europeo de Protección Civil con menor experiencia na loita contra incendios forestais.
  comenta   0
Os modelos T03 e C10 serán os primeiros en chegar a Europa e presentarase un modelo novo cada ano durante o próximos tres exercicios.
Caeu un 0,4% en Galicia no último trimestre de 2023, ao revés que en toda España.
  comenta   0
Unha gala de clausura no Auditorio Municipal de Verín, e presentada polo actor Manuel Cortés, puxo o punto final á edición deste ano. Curtas de Grecia, Suecia e Portugal recibiron algúns dos premios dentro das categorías oficiais a concurso.
  comenta   0
O programa do Congreso Internacional Conxemar-FAO contempla nesta edición o debate sobre seis grandes eixos: a transformación azul e a necesidade de repensar a cadea de valor dos produtos do mar, a importancia da integridade de marca, o futuro da pesca e os seus modelos de xestión, a responsabilidade social na cadea de valor, as estratexias de negocio, e rastrexabilidade e consumidor.
Así o recollen os datos do 'Informe Europeo de Pagos de Consumidores' de Intrum, onde a poboación se amosa preocupada porque a inflación reduza os seus aforros en efectivo.
  comenta   0
Estimado amigo. Envíoche compilacións coas constitucións que teñen nestas terras. Atendendo ao pensar de Aristocles (aquí coñéceno polas súas anchas costas e chámanlle “Platón”), os asuntos transcendentales están polo pronto en mans do pobo pouco formado e fácil de sugestionar.
  comenta   0
.. Somos o azar do oportuno, a paz que termina coas guerras alleas, dous xeonllos rabuñados que resisten con valentía. Mirádenos. Decidimos cambiar a dirección do puño porque nós non nos defendemos: nós loitamos... Elvira Sastre
  comenta   0
Realizarán, ata finais do mes de outubro, actividades en tres ámbitos: Camiño inclusivo, Camiño sustentable e Camiño dixital.
  comenta   0
Algúns empresarios da Comarca de Ferrolterra veñen de solicitar o mantemento da Central Térmica de As Pontes, a de maior potencia instalada do Estado Español, para garantir a subministración da electricidade, e si fose necesario esixen que, se nacionalice, argumentando o seu carácter estratéxico.
  comenta   0
“Loitaremos nas praias, loitaremos nas pistas de aterraxe, loitaremos nos campos e nas rúas, loitaremos nos montes, nunca nos rendiremos!”. Son frases que forman parte dun dos tres discursos que Winston Churchill pronunciou ante a Cámara dos Comúns, entre maio e xuño de 1940, durante a denominada “Guerra de Francia”. As verbas que reproduzo foron pronunciadas o 4 de xuño. Un par de días antes concluíra a Operación Dinamo, coa que se lograra evacuar a mais de 300.000 soldados franceses, británicos e belgas das praias de Dunkerque. O exército nazi campaba ás súas anchas por boa parte de Europa Occidental. Reino Unido mantíñase en pé fronte ao inimigo. O título que se lle deu ao primeiro dos discursos de Churchill, o do 13 de maio, quedaría moi curto ante todo o que o se aveciñaba: “Sangue, esforzo, bagoas e suor”. Estábamos as portas da que se chamou a “Batalla de Inglaterra”.
  comenta   0
O Sergas aumenta a listaxe de países, entre os que inclúe tamén a Suíza. Debe notificar quen chegue de calquera autonomía, salvo: Andalucía, Balears, Canarias, Castela-A Macha, Valencia e Madrid.
  comenta   0
O goberno da república de Grecia acordou prohibir a partir de decembro aos non vacinados entrar en restaurantes, estadios, cinemas, teatros, ximnasios e edificios públicos. Todo isto simplifícase, en opinión dalgúns tertulianos ou comentaristas, no clásico: 'Trata como che traten'.
  comenta   0
Competur asegura que a suba de impostos na hostalaría "reduce a recadación" e pide imitar os países europeos que baixaron o IVE ao sector.
  comenta   0
Os primeiros resultados suxiren que os adultos maiores sofren con frecuencia unha deterioración cognitiva persistente, incluída a falta de olfacto, tras a recuperación da infección por SARS-CoV-2.
  comenta   0
O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular presentou o Mapa Ferroviario de Galicia, que tería un presuposto estimado de 3.000 millóns de euros para a modernización da rede ferroviaria galega.
  comenta   0
O presidente do Goberno asegura que as dúas pancas para saír tanto da crise sanitaria como da crise económica e social derivada da pandemia son a vacinación e o plan de recuperación.
  comenta   0
1.- It is good to be the King. De seguro que bastantes de vostedes lembran aquela peli de Mel Brooks (History of the World) e a vida de desfrute continuo do rei Louis XVI Bourbon, que partillaba o común devanceiro de Louis XIV cos Borbóns españois. Malia que quizais o conto fose máis aplicábel ao propio Louis XIV ou a Louis XV, Mel Brooks pon no Borbon-despois guillotinado- a famosa frase daquela peli: “it is good to be the King ( é bo ser El Rei)”.
  comenta   0