Proposta do Eixo Atlántico para a rede ferroviaria: potenciar as liñas Vigo-Monforte-Ourense e Lugo-Ourense

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular presentou o Mapa Ferroviario de Galicia, que tería un presuposto estimado de 3.000 millóns de euros para a modernización da rede ferroviaria galega.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Eixo Atlántico do Norte Peninsular aposta polas liñas Vigo-Monforte-Ourense e Lugo-Ourense para a modernización da rede ferroviaria galega, consolidar o eixo atántico ferroviario e defender a posición xeográfica e xeomarítima de Galicia. Así o recolle nun informe sobre o Mapa Ferroviario de Galicia presentado esta mañá do 6 de xullo. 

Vías estación de ferrocarril Monforte
Vías estación de ferrocarril Monforte | Fonte: P.C.

O presuposto para as actuacións propostas sería de 3.000 millóns de euros en 10 anos, dos cales o 50% proviría de fondos europeos, sen contar IVA nin o custo de expropiacións. Traduciríase en 150 millóns anuais por parte do estado, "unha cifra máis que asumible e necesaria, pois aínda que somos a periferia de Europa, non podemos quedar illados", apuntou a vicepresidenta do Eixo Atlántico, Lara Méndez. 

Trátase dun informe elaborado polo profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Miguel Rodrígez Bugarín, a quen o alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo, calificou como o "principal profesor en materia ferroviaria de Galicia". 

PRIORIZAR AS MERCADORÍAS

Entre as diferentes propostas para todo o territorio galego, o Mapa Ferroviario de Galicia aposta pola consolidación da liña Vigo-Ourense-Monforte, eixo principal para a comunicación coa Meseta e Europa. Bugallo destacou a mellora da liña Lugo-Ourense en canto á súa electrificación para adaptala á alta velocidade e á que se destinarán 891 millóns de euros, e a saída Sur de Vigo cara Lisboa, cun presuposto estimado de 404 millóns de euros. 

O Mapa Ferroviario Galego pon o seu foco de acción no transporte de mercadorías e busca a dinamización económica a través do emprego. O secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, considerou este documento como a alternativa "máis viable, sensata e pragmática non só para os desplazamentos de longa distancia, senón tamén para os desplazamentos medios".

Pola súa banda, o secretario xeral do Consello Económico e social de Galicia, Manuel Martínez Varela sinalou que só o 4,9% do transporte de mercadorías se realiza por ferrocarril en España, un dos datos máis baixos de Europa, superado só por Chire, Malta e Grecia. "O ferrocarril é un transporte que en España non é utilizado e iso é máis grave na zona Atlántica", sinalou Martínez Varela, ao mesmo tempo que recordou que as políticas europeas apostan por este tipo de transporte por ser máis sostible. 

Con respecto á alternativa para os viaxeiros, o plan céntrase na mellora da comunicación en alta velocidade coa Meseta, "a través da cal virá a conexión co resto de puntos de España", como indicou Martínez Varela. Tamén sinalou a velocidade alta entre Ferrol e Lisboa, un eixe que dispón dunha parada "impresinsible" cada 60 quilómetros. 

O documento será presentado ao Presidente da Xunta e aos Conselleiro de Fomento, así como aos homólogos portugueses e diferentes asociación veciñais. 

Na presentación do documento estiveron presentes a vicepresedenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, o alcalde de Santiago, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, e o director do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Fernández. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta