Duras críticas en redes pola "invasión" de Compostela por parte de milleiros de mozos católicos

Numerosos tuiteiros denuncian actitudes "incívicas" destes mozos polas rúas da capital galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/08/2022 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

Preto de 12.000 mozos europeos están en Santiago de Compostela desde este mércores 3 de agosto e ata o domingo 7 de agosto para participar na Peregrinación Europea de Mozas (PEJ). Un evento organizado pola Igrexa católica e que se está deixando notar, e moito, nas rúas da capital galega.

Mozos católicos con cruces e bandeiras españolas nunha rúa de Compostela
Mozos católicos con cruces e bandeiras españolas nunha rúa de Compostela | Fonte: Tuiter

Antes do acto inaugural deste evento, que ten lugar este mércores 3 de agosto ás 18.30 horas no Obradoiro, milleiros de mozos tomaron xa as rúas composteláns. Un feito que está sendo duramente criticado en redes sociais onde se denuncia a actitude "incívica" de moitos deles. 

"É o gran evento que temos despois da pandemia a nivel de Igrexa en España, un momento de esperanza e alegría. Foron anos duros, difíciles pero agora hai moita ilusión", manifestou o director do secretariado da Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia, Raúl Tinajero na presentación deste congreso.l

No evento, organizado pola arquidiocese de Santiago de Compostela xunto coa subcomisión de Mocidade e Infancia da CEE, participarán, en concreto, uns 11.200 peregrinos, dos cales uns preto de mil son estranxeiros (350 italianos, 350 portugueses, unha decena de alemáns, e algúns mozos de Grecia, Líbano, Hungría ou Polonia, entre outros países) e o resto, máis de 10.000, españois. A eles hai que sumar os máis de 430 voluntarios de Galicia.

Pero moitos están criticando esta actitude:

Tamén hai quen critica duramente os comentarios en contra da actitude destes mozos:

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Sentidiño

Para entraren en Galicia, os católicos de Córdoba portan bandeiras españolas. Non de confrarías, de parroquias ou bispados; non cordobesas, nin andaluzas: españolas. Por algo será.