Galicia suma 19 países europeos ao rexistro obrigatorio de viaxeiros, no que tamén entra Cataluña

A listaxe de estados de América de comunicación obrigatoria incorpora outros 11, entre eles Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai e Panamá

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Saúde Pública actualizou este martes a listaxe de territorios que os viaxeiros deben comunicar cando visiten Galicia. Nesta ferramenta duplicáronse, de 19 a 38, os países europeos de notificación obrigatoria, mentres que, do resto de España, entra Cataluña e saen Andalucía, Castela e León e Comunidade Valenciana.

Deste xeito, a relación de territorios estatais que os viaxeiros deben comunicar e que actualiza este martes o Diario Oficial de Galicia (DOG) inclúe agora un total de sete: Aragón, Asturias, Cataluña, Ceuta, Comunidade de Madrid, Melilla e País Vasco.

No que respecta ao continente europeo, a listaxe de países que establece a Xunta pasou este martes de 19 a 38, ao incorporar Austria, Bélxica, Bielorrusia, Bosnia-Herzegovina, Bulgaria, Chipre, Grecia, Países Baixos, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania --que saíra na actualización anterior--, Macedonia do Norte, Moldavia, Polonia, Romanía, Suíza, Turquía e Ucraína.

Mentres tanto, continúan como territorios de comunicación obrigatoria os seguintes: Acerbaixán, Albania, Andorra, Estonia, Eslovaquia, Eslovenia, Francia, Kósovo, Letonia, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Montenegro, Portugal, República Checa, Reino Unido, San Mariño, Serbia e Suecia.

RESTO DE CONTINENTES

Tamén debe comunicar a súa chegada calquera visitante procedente do continente africano. En América, os estados de notificación obrigatoria ampliáronse de 16 a 27, ao incluírse Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai e Panamá, entre outros.

Deste xeito, integran a listaxe de países americanos Antigua e Barbuda, Arxentina, Aruba, Barbados, Bonaire, San Eustaquio e Saba, Brasil, Chile, Ecuador, Estados Unidos, O Salvador, Guatemala, Honduras, Illas Turks e Caicos, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas e Uruguai.

Finalmente, a listaxe de Asia suma a Kuwait, Qatar e Xordania, mentres continúan Bangladesh, Bahréin, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Israel, Kazakstán, Kirguizistán, Líbano, Maldivas, Omán, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia e Iemen.

Todas as persoas que cheguen a Galicia desde estes lugares, ou que estivesen neles nos últimos 14 días, deberán cubrir o formulario habilitado na web do Servizo Galego de Saúde (Sergas) ou ben comunicalo ao teléfono 881 00 20 21 no prazo das 24 horas.

O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais.
O Aeroporto Rosalía de Castro de Santiago recibe os primeiros voos internacionais. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta