Galicia mantén o rexistro obrigatorio para turistas chegados de Madrid e outras cinco CCAA

Son Andalucía, Aragón, Melilla, País Vasco e A Rioxa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/06/2021 | Actualizada ás 11:03

Comparte esta noticia

Os viaxeiros procedentes de Andalucía, Aragón, Madrid, Melilla, País Vasco e A Rioxa manteñen a obrigación de comunicar no rexistro de viaxeiros do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a súa estancia na Comunidade galega. Son o mesmo grupo de comunidades autónomas que xa tiñan ata o momento este requisito.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) actualizou a listaxe de países e comunidades autónomas con esta obrigación, que implica que as persoas que chegan á Comunidade galega despois de estar nos territorios sinalados nos 14 días anteriores á súa chegada teñen un prazo "máximo de 24 horas" desde que entran en Galicia para comunicar os seus datos de contacto e estancia a través da web (https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros) ou chamando ao teléfono 881 00 20 21.

De acordo con iso, deberán comunicar a súa estancia calquera persoa procedente dos países do continente africano. Ademais, procedentes do continente americano son un total de 26 territorios (catro menos que na actualización anterior): Arxentina, Bahamas, Bolivia, Brasil, Canadá, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, Güiana, O Salvador, Guatemala, Honduras, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, San Martín, Surinam, Trinidad e Tobago e Uruguai.

En canto a Asia, son un total de 33 territorios os de obrigada comunicación: Bangladesh, Bahrein, Emiratos Árabes Unidos, India, Irán, Iraq, Kuwait, Líbano, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Nepal, Omán, Qatar, Palestina, Filipinas, Afganistán, Bután, Brunei, Cambodia, Indonesia, Laos, Mongolia, Myanmar, Nepal, Paquistán, Siria, Tailandia, Iemen, Xordania, Sri Lanka e Timor Oriental.

Procedentes de Europa, son 21: Acerbaiján, Andorra, Bielorrusia, Bélxica, Bosnia-Hercegovina, Chipre, Croacia, Dinamarca, Estonia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Kósovo, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Montenegro, Suecia, Suíza, Turquía e Xeorxia. Esta resolución actualizarase nos próximos 15 días naturais e entra en vigor este mércores día 2 de xuño.

Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas.  / Europa Press
Cribado no aeroporto de Alvedro / Sergas. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Huang Ho

Que como todo o mundo sabe non cumpre nin o tato