Marea Atlántica pide á rexedora da Coruña unha reunión con concellos limítrofes pola redución da reciclaxe en Nostián

Por E.P. | A CORUÑA | 26/08/2021 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A portavoz da Marea Atlántica, María García, reclamou á alcaldesa, Inés Rey, unha reunión cos concellos para abordar a situación da planta de tratamento de residuos de Nostián. En rolda de prensa, denunciou que este servizo leva 20 meses sen contrato e expuxo que, nun ano, baixou un 10% a reciclaxe de cartón e papel.

Na súa comparecencia, expuxo que no servizo de recollida de lixo "non se están executando gran parte das medidas previstas e todos os indicadores están a empeorar". A edil reclamou á rexedora que "reactive as políticas de residuos". En concreto, e "para empezar", pediulle que "se reúna cos concellos da área metropolitana para informalos".

Para María García, a situación neste ámbito é un síntoma de "falta de proxecto de cidade e de iniciativa por parte de Inés Rei, tras un ano sen orzamentos". Neste sentido, sostivo que os residuos e as políticas ambientais van ser "unha parte importante" nas negociacións entre a Marea Atlántica e o PSdeG.

Entre outros outros, e tomando como referencia os últimos informes de Ecoembes, apuntou á redución da reciclaxe de papel e cartón, do que asegurou que pasou dunha media de 19,2 quilos por habitante en 2019 a 17,3 quilos en 2020. Sobre este dato, precisou que noutros concellos da área, con menos puntos de recollida, aumentaron estas cifras.

OUTRAS DEMANDAS DA OPOSICIÓN

Noutra orde de cousas, o BNG avanzou que solicitará, a través dun rogo oral no pleno do 9 de setembro, que o goberno local ordene a demolición da estrutura dun edificio inacabado en Xubias de Arriba.

Mentres, o concelleiro popular Roberto García, na súa condición de presidente, anunciou que convocará a comisión municipal de Deportes ante os graves problemas existentes na maioría das instalacións.

A portavoz da Marea Atlántica, María García. JAVIER_VALENZUELA
A portavoz da Marea Atlántica, María García. JAVIER_VALENZUELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta