Éxito do Camiño dos Faros este verán a pesar da negativa das administracións a homologalo

Incrementou os seus visitantes un 33 % respecto de 2020.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 31/08/2021 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

O Camiño dos Faros rexistrou en 2021 un incremento de visitantes do 33 % respecto ao ano anterior, informou a Asociación O Camiño dos Faros. E iso, a pesar da negativa dalgunha administración local e da Xunta a homologalo oficialmente.

Camiño dos Faros
Camiño dos Faros | Fonte: www.galicia10.com

Desde a entidade agradeceron, nun comunicado, a "confianza2 posta no proxecto que comezou a impulsarse fai nove anos. Así, a asociación chama a seguir gozando dunha ruta "sustentable e responsable" que é "a columna vertebral" deste paraíso chamado Costa da Morte.

Por outra banda, indican que o tramo da segunda etapa entre Niñóns e Praia da Barda permanece pechado, por mor dun incendio que deixou algunha sección máis exposta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta