Por Galicia Confidencial | A Coruña | 24/04/2025 | Actualizada ás 11:01
A Sala de Xuntas da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña (UDC) celebra o vindeiro 30 de abril o IIº Encontro do Livro Galego, que congregará persoas investigadoras e profesionais do sector do libro do noso país para analizar o estado actual do ámbito editorial galego.
Despois dun exitoso primeiro encontro en 2024, en que coincidiron representantes das institucións culturais, da investigación e do ámbito profesional (edición, librarías, tradución, escrita...) esta segunda edición proponse dialogar con outros sectores fundamentais: a distribución editorial (Laura Sáez de Patasdepeixe Editoria, de Distribucións Arnoia, Pablo Couceiro da Libraría Couceiro), a crítica literaria (Inma Otero da Asociación Galega da Crítica, Ánxela Lema da Universidade da Coruña, César Lorenzo de Biosbardia) e as bibliotecas (Alberto E. Llano Fontela de BAMAD Galicia, Sira González das Bibliotecas Municipais da Coruña, Inma Doval do Servizo de Publicacións da UDC). O encontro será tamén retransmitido en liña a través de Youtube.
Este evento fai parte do proxecto de investigación “Campo Editorial e Cultura Autonómica: institucionalização e industrialização do livro na Galiza (1978-2026)”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.