Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2021 | Actualizada ás 20:58
O municipio coruñés de Melide sumarase este sábado ás restricións máximas que establece a Xunta, asesorada polo comité clínico, pola pandemia do coronavirus. Desta maneira, quedarán nesta situación tres concellos, xa que seguirán os de Ordes e Monforte que rexistraron senllos brotes que obrigaron a pór a situación de alerta neles hai xa unha semana.
Nun contexto cos indicadores á baixa, as cidades de Pontevedra e Santiago de Compostela tamén verán alixeiradas as súas restricións, ao pasar de nivel medio a medio baixo, o que é actualmente máis flexible.
No nivel alto de restricións quedarán 21 concellos, menos que ata agora, mentres que en nivel medio haberá 41 municipios, 14 menos que na semana anterior. Neste nivel atópanse municipios como as cidades da Coruña, Ourense, Lugo e Ferrol.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.