Por Galicia Confidencial | A Baña | 01/09/2021 | Actualizada ás 14:25
Os alcaldes dos concellos de Zas, Vimianzo e A Baña, chaman a unha revolta pola supresión dos servizos bancarios nestes municipios. Unha revolta silenciosa na que piden as participación dos seus veciños e veciñas para que acudan masivamente este xoves a Coruña diante da diante da sede de Abanca.
Con este xesto queren denunciar o peche das oficinas da entidade, previsto para o vindeiro 8 de setembro. Esta decisión afecta directamente a uns 10.000 veciños de toda a comarca, polo que desde os concellos anuncian todo tipo de medidas de presión para que a entidade bancaria dea marcha atrás na súa decisión.
De feito, os propios municipios poñerán autobuses gratuítos a disposición de toda a veciñanza para acudir á convocatoria. Está previsto que asistan tamén rexedores e veciños doutros concellos galegos afectados polo peche de oficinas de Abanca.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.