Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 15:42
Centenares de cangrexos patudos foron localizados esta semana na beira da praia de Os Botes, na parroquia de Meirás, no municipio de Vadoviño, unha aparición da que alertaron varios dos usuarios deste areal ás autoridades.
Ante iso, desprazáronse ao lugar funcionarios do Servizo de Gardacostas da Xunta, que trasladaron a algúns dos exemplares co obxectivo de coñecer as causas desta morte masiva, que será estudada pola Consellería do Mar.
Os cangrexos patudos son habituais das costas e dos areais galegos, sendo habitual velos sobre todo ao final do verán. Adoitan aparecer polos arrástres efectuados polas mareas, ademais de realizar grandes migracións relacionadas cos cambios da temperatura da auga e os ciclos reprodutivo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.