Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2021 | Actualizada ás 20:55
Galicia volverá quedar o vindeiro sábado sen concellos no nivel máximo de restricións, o cal é máis severo coa hostalaría. Con todo, a entrada neste tipo de locais rexerase agora por un novo protocolo que está previsto que detalle o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao comité clínico deste luns e que terá lugar mañá mércores.
Así, os negocios de hostalaría en Galicia quedarán divididos en dous niveis de seguridade independentemente da situación sanitaria do concello onde estean. Serán os propios establecementos os que decidan baixo que nivel de condicións se seguridade traballan, se no medio ou no máximo, que permitirá maior aforamento e outras cuestións como recuperar o uso da barra.
Pero os detalles aínda non se coñecen, á espera precisamente da reunión do comité clínico deste martes, decidiu reducir as restricións a Melide, Monforte de Lemos e Ordes, que estaban en nivel máximo ata agora e seguirán así ata o sábado.
No nivel alto de restricións quedarán, en todo caso, Melide e Monforte de Lemos, xunto con Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.
Ademais, establécense medidas de nivel medio para Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.
Desta maneira, fóra de Lugo, todas as cidades galegas permanecerán desde o sábado no nivel máis baixo de restricións actualmente en vigor, o medio baixo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.