Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/09/2021 | Actualizada ás 21:25
O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, asegurou que a Cidade da Cultura "diferente" da que se proxectou no ano 1999 e tamén da que "empezou a funcionar en 2011". Así se manifestou en esposta a unha pregunta formulada pola deputada do PSdeG Noa Díaz sobre os usos da Cidade da Cultura na Comisión de Cultura.
"O sentir orixinal mantense plenamente vivo pero o proxecto foise adaptando á sociedade, foise adaptando á realidade de Galicia, porque tamén a sociedade galega hoxe é diferente da que había fai uns cuantos anos", sinalou nunha intervención na que dixo que o Goberno galego "presentará en breve" o segundo plan estratéxico deste complexo.
En fronte, Noa Díaz denunciou que a Cidade da Cultura "pouco ou nada ten que ver cun verdadeiro centro cultural de creación e de expresión artística", como foi concibida orixinalmente.
Ademais, tras lembrar que o II plan estratéxico para o período 2021-2027 estaba anunciado para o primeiro semestre do ano, reclamou recuperar os usos culturais do complexo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.