Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2021 | Actualizada ás 18:51
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, apelou a "deixar a demagoxia" sobre a situación de Ence posto que está "en xogo" o futuro de "miles de familias" que dependen de que a pasteira continúe en Galicia.
A preguntas dos medios este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Núñez Feijóo expresou que ao seu goberno "non gusta" o emprazamento que ocupa Ence na ría de Pontevedra, pero entende que "non pode pechar" a única pasteira que hai en Galicia.
"Non podemos dicirlles ás familias que queden sen traballar", manifestou o presidente, que apelou a aparcar a "demagoxia" sobre o futuro da pasteira despois do fallo que anula a prórroga concedida no ano 2016 para que continuase en Lourizán durante as próximas décadas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.